segunda-feira, 2 de janeiro de 2012

Así foi o Acto de Solidariedade, o sábado 17 de Decembro de 2011, con Lazos Pro Solidariedade Comité Anti-Sida de Ferrol Terra, no véspera do Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos das persoas migrantes, refuxiadas e desprazadas - Galerías Fotográficas e Vídeos

Encadrado dentro da Acción Global contra o racismo e polos dereitos das persoas migrantes, refuxiadas e desprazadas, desenvolveu-se na nosa pequena e depauperada cidade, un acto de solidariedade con Lazos Prol Solidariedade Comité Anti-Sida de Ferrol Terra. Un acto festivo e reivindicativo que contou coa presencia, perante toda a mañá de moitas persoas. Poesía, música e petiscos acompañaron á acción reivindicativa. Palabras de solidariedade e compromiso coa causa da xustiza social e do apoio mutuo.



http://youtu.be/jt9X_UgGF9Q


http://youtu.be/G0euOWl9nB8


Galerías Fotográficas

Galería de Susete'70
Galería 1 presentación de diapositivos
Galería 2 fotos en alta resolución


Galería do Foro Galego de Inmigración e do Colectivo Ártabra 21

Galería 1 Presentación de diapositivos
Galería 2 Fotos en alata resolución


As asociacións A.C. Fuco Buxán, Asociación Veciñal de Esteiro, Ateneo Ferrolán, Colectivo Ártabra 21, Colectivo Opaii - Rádio Filispim, Foro Galego de Inmigración e o propio Comité AntiSida de Ferrol Terra - Lazos Pro Solidariedade realizamos un acto de solidariedade con esta última organización que desenvolve a súa actividade na nosa Comarca.

Lazos é unha asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, que ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.

Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.

Na nosa comarca acollen cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir.

É por iso polo que realizamos o acto de solidariedade co citado colectivo, agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, é cando máis o necesitan.

O acto tivo lugar a véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dimos a coñecer todas estas realidades e unir vontades para resolvelas.

* * *

Agradecemento Colectivo polo acto lúdico reivindicativo celebrado o pasado sábado 17, en solidariedade coa nosa Asociación

Benqueridos/as compañeiros/as,

En nome da nosa entidade, quero agradecervos a tódalas persoas, entidades e colectivos que participástedes no acto lúdico-reivindicativo do pasado sábado 17. Todas e todos fixéchedes posible o acto .

Non temos o correo electrónico de tódolos colectivos e persoas participantes polo que prego lle reenviedes este correo para facerlles chegar o noso agradecemento. Esperemos que este acto sirva como punto de partida para futuras colaboracións.

Moi agradecido, vos saúda

19 de dezembro de 201

Carlos Varela
Presidente de Lazos Pro Solidariedade Comité antisida de Ferrol


LAZOS pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol Asociación de afectados/as polo VIH e as drogas Vogal territorial de Galicia en CESIDA.
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com
Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )
Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975

Fonte: Canle de Ártabra 21

Consello Local do Foro Social de Ferrol Terra

____________________